Todo da voltas - Dios Ke Te Crew



     
Page format: Left Center Right
Direct link:
BB code:
Embed:

Todo da voltas Lyrics


We don't have this lyrics yet, you can help us by submitting it
After Submitted Lyrics, Your name will be printed as part of the credit when your lyric is approved.

Submit Lyrics

Enjoy the lyrics !!!
Dios ke te Crew é un colectivo, nado en Ordes(A Coruña), que engloba dentro de sí a artistas relacionados con tódalas vertentes da cultura hip hop.
Nos seus espectáculos en directo, o graffiti, o break, o beat box e o turntablism mistúranse no esceario guiados polo seu rap en lingua galega.

DKTC nace en Ordes(A Coruña), en xuño do 2003, a raíz da unión neste proxecto común de dous coñecidos grupos de rap de este pobo, 5talegos e Ghamberros. Pouco máis tarde uniríanselles os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, os breakers composteláns Playmovil Kids e tamén dous DJ´s: Murdock e Kaze Lu.

Deciden unir as súas forzas para dar vida a este colectivo, no que cada grupo desenvolve unha función tanto individualmente como dentro do propio colectivo. De este xeito, preténdese potenciar a creatividade e o desenrolo da cultura hip hop e das artes en xeral, dando oportunidades e saídas a tódolos grupos que forman Dios ke te Crew xunto cos proxectos que surxen en común.

Aínda que como colectivo DKTC ten unha vida relativamente curta, a traxectoria dalgúns dos seus integrantes polos mundos das artes é moi destacable.

5talegos, que posúen unha larga traxectoria de concertos por toda a xeografía galega, pisaron os escearios e festivais máis variopintos co seu rap en galego, fresco, combativo, crítico e divertido. Os seus textos van máis alá da mera competición do rap comtemporáneo, á que critican e da que discrepan abertamente.

Pioneiros en utilizar a lingua galega no rap, 5talegos son un dos grupos máis veteranos e recoñecidos en Galicia, e durante 5 anos estiveron difundindo a súa música cun potente directo .

Despois de incluires dous temas nos recopilatorios "Revolta Sonora"(Sons de Luita. 1999) e Mixtura(A.S.Lucerna. 2001), o grupo disólvese no ano 2002.

Non menos destacables son Jamaica, García e Mou, os membros do outro grupo de rap que conforma a crew, "Ghamberros", conxunto máis xoven pero xa recoñecido no panorama musical galego pola súa traxectoria nos 3 últimos anos, despois de tocar en eventos coma o "Festival Solidario en favor do Pobo Palestino" en A Coruña, no "Concerto Expansivo Nunca Máis" ou no Festival de Arte Multimedia e Música Avanzada "Elecktrónica". O seu rap en galego é comprometido, satírico e reflexivo, e a música de Mou, o tamén productor de 5talegos, xoga coas máis variadas influencias estilísticas, indo dende o jazz ata o reggae e dende a clásica ata o folk, facendo como non, unha intensa e obrigatoria parada no funk. Read more on Last.fm. User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply.

View All

Dios Ke Te Crew